Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tests de saliva nas farmacias para cribar os colexios con máis casos de covid en Ourense

Tests de saliva nas farmacias para cribar os colexios con máis casos de covid en Ourense

Preto de 1.800 alumnos están convocados a realizar estas probas

Os centros afectados están na capital, en Barbadás e en Allariz

G24.gal 01/12/2021 14:29

O incremento de casos nos centros educativos de Ourense levou o Sergas a ofrecer a posibilidade de facer un cribado a través de test de saliva nas farmacias.

A iniciativa está dirixida, polo de agora, aos catro centros que contan con máis contaxios: Salesianos e Maristas en Ourense, Filomena Dato en Barbadás e Padre Feijoo en Allariz.

O cribado está aberto a preto de 1.800 alumnos. As mostras recóllense na farmacia, coa tarxeta sanitaria do menor, e entregase tamén alí.

A data límite é este xoves. Os resultados tardarán entre 24 e 72 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade