O Ourense C. F. imponse ao Celta Fortuna cun golazo no final no encontro (1-0)
O perigo do Ourense C. F. no balón parado condena ao Celta Fortuna
Os celestes dominaron a maior parte do encontro
Ourense C. F. impúxose ao Celta Fortuna nun partido dominado inicialmente polo conxunto visitante. Un golazo de Álex Gil no 87' fai que o Ourense escape dos postos de descenso.
O Ourense C. F. chegaba ao encontro co obxectivo de alonxarse dos postos de descenso e nun mal refacho encadeando tres empates seguidos. Por outra parte, o obxectivo do Celta Fortuna é sumar para achegarse aos postos de fase de ascenso e tampouco chegaba ao encontro nu bo momento, perdendo os seus dous últimos partidos.
O dominio foi celeste na primeira parte do encontro, sendo a acción máis destacada un tiro a porta de Hugo Burcio cara o final da primeira metade. O Ourense C. F. non se deixou amedrentar, metendo presión no campo contrario durante toda a primeira parte e mostrando solidez defensiva.
No comezo da segunda metade, tanto Fredi coma Pablo López realizaban os primeiros trocos do encontro, cambiando a Manu Fernández por Jaime Vázquez no Celta Fortuna e Fernando Andrada por Miguel Prado no Ourense C. F. O asedio celeste foi máis evidente nos primeiros minutos, con varias ocasións perigosas de El-Abdelaoui mentres que o conxunto local buscaba xerar perigo ao contraataque. No 65' debutaba Hugo González coa canteira do Celta, substituíndo a Johan.
O Ourense C. F. tivo unha das ocasións máis claras no 73' nun córner que rematou Jerín Ramos de cabeza e que detivo Marc Vidal, demostrando o poderío do conxunto ourensán no balón parado. Foi no 87' cando Álex Gil anotaba un golazo dende fóra da área que lle deu os tres puntos ao seu equipo, e lle serve ao Ourense para escapar dos postos vermellos da clasificación.
O Ourense disputará o seu seguinte partido en Salamanca fronte a Unionistas C. F. O Celta Fortuna recibirá no Mucipal de Barreiro ao Real Unión na seguinte xornada de 1º RFEF.