Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todo listo para unha nova edición da Festa da Cachucha este domingo no Carballiño

Todo listo para unha nova edición da Festa da Cachucha este domingo no Carballiño

Unha vintena de restaurantes ofrecerán este manxar para despedir o Entroido

Tamén haberá desfiles de folións, comparsas e charangas e baile na Praza Maior

G24.gal 22/02/2024 20:14 Última actualización 22/02/2024 21:03

Celébrase habitualmente o domingo de Piñata, pero ao coincidir coas eleccións autonómicas este ano adiouse unha semana. Este 25 de febreiro, O Carballiño celebrará unha nova edición da Festa da Cachucha, un dos manxares por excelencia do Entroido, que reúne ao redor da mesa grupos de familiares e amigos.

Nos restaurantes, é case imposible atopar oco dende hai semanas. Desfiles de folións, charangas e comparsas, baile de disfraces e música completarán a celebración gastronómica con que O Carballiño despide ata o ano que vén o entroido.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade