Tomates de ata 2,5 quilos de peso nunha horta de Guntín
Tomates de ata 2,5 quilos de peso nunha horta de Guntín
O seu propietario non emprega fitosanitarios e só utiliza fertilizante da casa
Di que son as mesmas sementes e a mesma terra de todos os anos
José amosa os últimos tomates que recolleu do seu invernadoiro.
Algúns chegan a dous quilos de peso e xa levan máis dun mes producindo.
De feito, hai máis ca nunca e ten que vender e regalar parte da colleita porque na casa non teñen xa nin onde gardalos.
Para el mesmo foi unha sorpresa o tamaño e peso dos froitos xa que, asegura, non fixo nada que non fixera outros anos.
A colleita ten máis mérito aínda tendo en conta que o único fertilizante que utiliza é o que producen as pitas da casa e que non aplica ningún tipo de tratamento fitosanitario.
Este ano introduciu algunha caste nova para polinizar pero son de moito menor tamaño polo que esa tampouco sería a explicación a estes tomates xigantes.
Ademais dos tomates, as leitugas do invernadoiro tamén teñen un crecemento fóra do común e mesmo se dan os famosos pementos de Mougán.
Un caso digno de estudo botánico.