Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lobios acolle un curso para introducir a tracción animal no sector forestal

Lobios acolle un curso para introducir a tracción animal no sector forestal

A Asociación Galega de Tracción Animal tenta recuperar esta práctica que considera rendible e sostible

G24.gal 26/03/2022 14:42

Murray pode chegar a onde un tractor non chega. O cabalo retira eucaliptos nunha parcela do monte de Grou, onde están a facer unha entresaca.

É unha práctica do curso "Frondosas e tracción animal", organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia e a Asociación Galega de Tracción Animal.

Na actualidade xa existe algunha empresa que ofrece estes traballos. Aseguran que o obxectivo non é "competir" con outros servizos do sector senón sumar, ser unha ferramenta máis.

Algún dos participantes no curso, que se desenvolve no Centro de Interpretación da Tracción Animal de Lobios, xa o ve como unha oportunidade laboral. Máis nestes tempos en que alimentar a maquinaria sae tan caro.

En países coma Francia nunca se perderon os labores do campo con cabalos. A Asociación Galega de Tracción Animal tenta recuperalos no país porque considera que é unha xestión rendible e sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade