Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico difunde imaxes de accidentes para pedir precaución na volta á casa

Tráfico difunde imaxes de accidentes para pedir precaución na volta á casa

O Venres Santo morreron cinco persoas en tres accidentes nas estradas españolas

G24.gal 30/03/2024 19:15 Última actualización 30/03/2024 22:53

A Dirección Xeral de Tráfico difundiu imaxes de accidentes para pedir precaución na volta á casa despois dos festivos. Este domingo comeza a operación retorno da Semana Santa.

Nas gravacións pódese ver como varios vehículos perden o control e acaban batendo contra a barreira.

Velocidades excesivas, distraccións ou conducir despois de beber alcol son algunhas das condutas ao volante que acaban tendo consecuencias graves.

Polo momento, o Venres Santo foi a peor xornada das vacacións, con cinco persoas falecidas en tres accidentes nas estradas españolas.

Dende o venres 22 de marzo ás tres da tarde ata este sábado ás 20:00 horas rexistráronse 25 vítimas mortais nas vías interurbanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade