Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico desprégase nas estradas na ponte con máis desprazamentos do ano

Tráfico desprégase nas estradas na ponte con máis desprazamentos do ano

A DXT prevé maís dun millón de viaxes polo 15 de agosto nas estradas galegas, 8,5 millóns no total de España

Intensificaranse os controis de alcol e drogas, que se prolongarán durante a semana do 19 ao 25 de agosto

G24.gal 14/08/2024 08:49 Última actualización 14/08/2024 21:59

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé que se produzan máis dun millón de desprazamentos de longo percorrido nas estradas galegas, 8,2 millóns no total de España, coincidindo coa operación do 15 de agosto, considerado a ponte con máis desprazamentos de todo o ano.

O dispositivo especial de tráfico activarase ás 15 horas deste mércores e prolongarase ata as 24 horas do próximo domingo.

De acordo con as previsións da DXT, as estradas máis afectadas en Galicia serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550. En canto aos movementos, o 35 % concentraranse na de Pontevedra, con 380.000 desprazamentos previstos

No caso da provincia da Coruña, a DXT estima que serán 296.000, o 27 %; na de Lugo, 183.000, o 17 por cento e na de Ourense, 226.000, o 21 por cento.

Coincidindo coa difusión destes datos, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, incidiu no despregamento de máis de 800 axentes por todo o territorio, co apoio de radares e estacións de toma de datos "e case 500 paneis informativos por todas as estradas galegas", así como o helicóptero da DXT.

Durante esta fin de semana longa, ademais dos desprazamentos de saída e retorno polo cambio de quincena uniranse aos que se realicen a poboacións do litoral e praias ou zonas de segunda residencia por tratarse duns días de lecer e descanso de fin de semana.

A isto hai que sumar a celebración de festas locais que supoñerán tamén un incremento das viaxes de curta distancia para desprazarse aos mesmos, tanto pola rede principal de estradas, como pola secundaria, especialmente nas noites e as madrugadas destes días de operación especial.

Por este motivo, a DXT insiste na necesidade de extremar as medidas de seguridade viaria e, moi especialmente, non conducir baixo os efectos do alcol ou drogas. E con este obxectivo, intensificaranse as medidas preventivas de control de velocidade, alcoholemia e drogas por parte dos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, que se prolongarán ao longo da próxima semana.

As previsións de circulación elaboradas pola DXT contemplan que a primeiras horas da tarde do mércores 14, principalmente entre as 16 e as 23 horas, haberá importantes movementos de vehículos que provocarán intensidades elevadas e problemas de circulación nas saídas das grandes cidades, así como nas principais vías de comunicación de acceso ás zonas turísticas do litoral, segunda residencia e poboacións en festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade