Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico instala un radar de 50 por hora no treito conflitivo da A-6 en Pedrafita

Tráfico instala un radar de 50 por hora no treito conflitivo da A-6 en Pedrafita

Con esta limitación de velocidade Tráfico pretende reforzar a seguridade no reconstruído viaduto do Castro

O radar a 50 por hora está situado no quilómetro 430 dirección Madrid, no viaduto do Castro
G24.gal 18/03/2024 14:31

Nada máis saír de Galicia, entrando no treito leonés da autovía A-6, está instalado xa un novo radar que comezará a funcionar nun prazo de semanas. O límite de velocidade vai ser de 50 quilómetros por hora.

Con esta limitación de velocidade, Tráfico pretende reforzar a seguridade no reconstruído viaduto do Castro, xa que só ten aberto un carril, porque o outro vai ser utilizado como zona de servizos polos operarios que traballan na construción da ponte dirección Galicia. Algúns condutores, pola contra, ven perigosa esta limitación.

Tamén hai quen ve con bos ollos a medida, malia que algúns desconfían da verdadeira finalidade do radar.

Os sinais de limitación a 50 por hora comezan xa case dous quilómetros antes. Algúns condutores pregúntanse se este novo radar vai ser provisional ou se continuará unha vez rematen as obras, segundo as previsións, a finais de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade