Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes especiais, libres de peaxe na AP-9 e na AP-53

Transportes especiais, libres de peaxe na AP-9 e na AP-53

A medida ten carácter temporal e só en horario nocturno

G24.gal 02/08/2022 21:21

Desde as dez desta noite e ata as seis da mañá, os vehículos de transportes especiais de mercadorías poderán circular gratis polas autoestradas galegas AP-9 e AP-53.

O Goberno acordou suprimir as peaxes para este tipo de vehículos de xeito temporal, ata que se habilite un itinerario alternativo á travesía de Pedrafita do Cebreiro.

Preténdese que este tipo de servizos non sufran un aumento drástico de prezos mentres non se soluciona a conexión coa meseta pola A-6.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade