Cargando resultados...
Tras dous días de apertura, volve pechar por toxina a ría de Pontevedra
Tras dous días de apertura, volve pechar por toxina a ría de Pontevedra
As últimas mostraxes revelaron o avance da toxina, o cal provocou o novo peche ao marisqueo
G24.gal
29/07/2022 08:26
Tras dous días de apertura, volve pechar por toxina a ría de Pontevedra. Catrocentas sesenta e seis mariscadoras non poderán ir apañar. E o sector alerta das grandes perdas e o risco da campaña de verán.
A ría estivo pechada xa este mes dende o día 8 ata o mércores. Pero as últimas mostraxes revelaron o avance da toxina, que provocou o novo peche ao marisqueo da ría de Pontevedra nas zonas 4 e 5, que se unen á zona 1, que permanecía cerrada.