Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres anos de condena por traficar con heroína en Lugo

Tres anos de condena por traficar con heroína en Lugo

A Fiscalía aceptou a atenuante de drogodependencia do acusado e aceptou reducir a condena de seis a tres anos

G24.gal 27/05/2024 13:56

Xuízo por tráfico de heroína en Lugo. A Fiscalía solicitaba inicialmente seis anos de cadea, pero tívose en conta a condición de drogodependente do acusado e houbo conformidade entre as partes para reducir a tres anos a condena sempre que acredite que está a tratamento de desintoxicación e non volva delinquir nun prazo de cinco anos.

O acusado fora detido pola policía a finais de novembro do ano pasado logo de detectar que se dedicaba á venda de estupefacientes na cidade de Lugo. Os axentes comprobaron como efectuaba a venda de dous envoltorios con case 400 gramos de heroína e como unha hora máis tarde realizaba outra transacción cunha cantidade similar de droga.

No momento da detención comisáronlle catro 'papelinas' con heroína e cartos procedentes da venda de droga.

O xulgado de instrución decretara prisión provisional, comunicada e sen fianza.

A fiscalía solicitaba inicialmente seis anos de cadea para o acusado, pero accedeu a reducir a pena a tres anos tendo en conta que a súa condición de drogodependente podería afectar as súas facultades volitivas.

Tendo en conta, ademais, que non ten antecedentes penais, houbo conformidade entre as partes. O acusado acepta tres anos de cadea e unha multa de 578 euros

Para a aplicación da redución de condena queda pendente de presentar no xulgado a documentación médica que acredite que está a tratamento de desintoxicación. Tamén debe cumprir a condición de que en cinco anos non volva cometer ningún delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade