Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen tres persoas en Cataluña acusadas de organizar festas ilegais na pandemia

Deteñen tres persoas en Cataluña acusadas de organizar festas ilegais na pandemia

Os investigadores aseguran que utilizaban casas turísticas que alugaban e non pagaban e nas que metía entre 300 e 400 persoas

Imaxe facilitada polos Mossos d´Esquadra dunha dalgunhas das festas que organizou a banda Imaxe facilitada polos Mossos d´Esquadra dunha dalgunhas das festas que organizou a banda
G24.gal 14/04/2022 08:14

Os Mossos d´Esquadra detiveron tres persoas que, presuntamente, se dedicaron a organizar macrofestas ilegais durante as restricións pola pandemia.

Segundo informou a policía catalá, os detidos alugaban casas rurais nunha ducia de comarcas de Cataluña nas que reunían entre 300 e 400 persoas. Cobrábanlles aos asistentes á festa, pero eles non pagaban nin o alugueiro nin os servizos de hostalería. Estímase que defraudarían uns 200.00 euros. 

Os tres individuos están acusados de 25 delitos de estafa e falsificación documental. O xuíz deixounos en liberdade en condición de investigados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos