Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos tras un tiroteo con dous falecidos en Albacete

Tres detidos tras un tiroteo con dous falecidos en Albacete

O tiroteo produciuse nunha zona limítrofe entre os barrios da Milagrosa e La Estrella, dous barrios marxinais da cidade de Albacete

G24.gal 13/07/2023 09:18

A Policía Nacional detivo tres persoas tras o tiroteo que se produciu en Albacete, ao parecer por unha "rifa entre dúas familias", e causou dous mortos e dous feridos.

Como consecuencia da lea, faleceu no lugar do suceso un home de 42 anos; outro morreu no servizo de Urxencias do Hospital Xeral Universitario, a onde fora trasladado para ser atendido.

Tamén os outros dous feridos foron trasladados ao mesmo centro hospitalario, aínda que de momento non se coñecen datos sobre o seu estado de saúde.

O tiroteo produciuse nunha zona limítrofe entre os barrios da Milagrosa e La Estrella, dous barrios marxinais da cidade de Albacete, onde houbo unha gran despregadura policial.

Polo momento, non transcendeu información oficial sobre os motivos que puideron desencadear a liorta entre as dúas familias que acabou con dúas persoas falecidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade