Publicador de contidos
Publicador de contidos

A investigación cre que as planadoras de Ribeira trasladaron a droga do Poseidón

A investigación cre que as planadoras de Ribeira trasladaron a droga do Poseidón

Declaran no xulgado tres dos detidos na última operación antidroga 

G24.gal 04/04/2024 14:44 Última actualización 04/04/2024 15:10

No Xulgado número cinco de Vigo prestan declaración tres dos dez investigados na última operación contra o narcotráfico. Non todos están localizados. A policía segue detrás dun dos seus obxectivos, un veciño de Ribeira pendente dun xuízo na Audiencia Nacional canda Sito Miñanco.

A causa aberta polo xulgado de Vigo relaciónaos coa fabricación e uso de narcolanchas e intenta determinar a súa presunta vinculación coas varadas hai un ano na praia de Ribeira.

Os investigadores analizan as embarcacións, o camión de transporte e os dous moldes comisados nos rexistros. Empregados na construción de embarcacións semirríxidas, semellantes aos que se usan habitualmente para fabricar narcolanchas, ilegais desde 2018. 

Ana Morán, fiscala xefa da Fiscalía Especial Antidroga di que hai que ir por diante deles e seguir golpeando más alá das incautacións: "No 18 declaráronse xénero prohibido. Son contrabando. Son delito por si mesmas. Polo tanto, normalmente non están en porto e hai que levarlles a gasolina. Por iso estamos propoñendo que ese transporte de gasolina tamén sexa delito igual que a narcolancha".

A investigación segue baixo segredo. Pretendía dar cos presuntos responsables do alixo do Poseidón, o narcosubmarino localizado na ría de Arousa en marzo do ano pasado. Tirando das pegadas encontradas nas embarcacións varadas en Ribeira que se puideron utilizar para a descarga do alixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade