Tres feridos nun accidente causado por un turismo en sentido contrario na AP-9 en Guísamo
Tres feridos nun accidente causado por un turismo en sentido contrario na AP-9 en Guísamo
Grave accidente na AP-9 entre A Coruña e Ferrol no quilómetro 7 en sentido A Coruña, á altura de Guísamo, no viaduto de Mariñán.
Todo indica que un vehículo que circulaba a gran velocidade pola autoestrada en sentido contrario chocou de fronte contra outro coche.
Hai tres feridos moi graves. Son o ocupante do vehículo que provocou o accidente e un matrimonio que ía no outro turismo implicado. O condutor que causou o accidente era un home de idade avanzada que ao parecer se confundiu nun dos accesos á autoestrada.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia tras o aviso recibido no 112. A Garda Civil cortou o tráfico para poder auxiliar as vítimas.
O turismo causante do accidente circulou entre os quilómetros 12 ao 7 en sentido contrario pola AP-9.
🔴#AXEGAInforma dun choque frontal na #AP9, en Bergondo.
— 112Galicia (@112Galicia) November 13, 2022
Un dos vehículos circulaba en sentido contrario. Tres persoas resultaron feridas, dúas delas, excarceradas polos #BombeirosBetanzos.
+inf: 👉 https://t.co/DyfymW4ow9 pic.twitter.com/BKXdoqhZSe