Tres feridos leves ao estrelarse un globo turístico en Portomarín
Tres feridos leves ao estrelarse un globo turístico en Portomarín
Viña de Taboada con once persoas a bordo e precipitouse en Soengas de Abaixo
Un globo aerostático con once persoas a bordo que realizaba un percorrido turístico estrelouse este sábado en Portomarín. Como consecuencia do forte impacto contra o chan, tres persoas quedaron feridas.
O aparello engalou de Taboada co piloto e dez pasaxeiros. Todo indica que as turbulencias fixeron que o globo se desviara e perdera altura ata precipitarse en Soengas de Abaixo. Todos os ocupantes puideron saír da cesta polo seu propio pé.
Os feridos foron trasladados a unha clínica de Lugo.
Os bombeiros de Chantada recibiron o aviso e foron ata a zona pero non chegaron a intervir no accidente.
A aterraxe produciuse na parroquia de Castro de Soengas, nunha zona arborada, á que só se accede por un camiño rural.
Ao parecer, unha treboada obrigou o piloto a intentar a manobra de aterraxe de emerxencia, durante a cal partiu un poste da luz, polo que informaron a subministradora da zona para evitar outros problemas.