Cargando resultados...
Tres membros dunha familia, intoxicados por unha fuga de gas en Vigo
Tres membros dunha familia, intoxicados por unha fuga de gas en Vigo
O escape de gas podería proceder dun quentador de auga da vivenda
Un dos afectados alertou que a súa muller e o seu fillo estaban a sufrir mareos fortes
G24.gal
03/03/2024 13:27
Última actualización 03/03/2024 13:57
Os feitos aconteceron na madrugada do domingo, nunha vivenda situada na parroquia de Oia. Un home alertaba aos servizos de emerxencia de que a súa dona presentaba síntomas compatibles con intoxicación por monóxido de carbono, orixinada probablemente por unha fuga de gas nun quentador de auga.
Pouco despois avisaba de que o seu fillo, menor de idade, estaba a sufrir os mesmos síntomas e que el mesmo empezaba a marearse. Os equipos de emerxencia trasladaron a familia ao hospital, mentres que os bombeiros pechaban a chave da instalación e procedían a ventilar a vivenda.