Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un matrimonio de Sada e o seu neto falecen nun accidente en Cuenca

Un matrimonio de Sada e o seu neto falecen nun accidente en Cuenca

Outras dúas persoas, tamén parentes, quedaron feridas

O Concello decretou tres días de loito oficial

G24.gal 02/01/2022 16:17 Última actualización 20:00

Sada trata de dixerir a tráxica nova do falecemento de tres veciños nun accidente de tráfico que ocorreu na tarde do sábado en Cuenca. O sinistro deixou tamén dúas persoas feridas.

A familia, que viaxaba cara a Murcia para visitar un parente gravemente enfermo, circulaba pola autoestrada AP-36. No quilómetro 74, á altura de Mota del Cuervo, o coche saíu da vía e envorcou, deixando os cinco ocupantes atrapados no interior.

No accidente morreu o matrimonio, el de 72 anos e ela de 70, e máis o neto, un mozo de 25 anos. Os tres vivían xuntos na parroquia sadense de Meirás.

O condutor e a muller que ocupaba o asento do copiloto quedaron feridos leves e foron trasladados ao hospital de Alcázar de San Juan, en Cidade Real. Xa recibiron a alta médica.

Tres días de loito

En Sada as bandeiras da casa consistorial ondean a media hasta. O Concello decretou tres días de loito oficial.

Nas vindeiras horas chegarán os corpos dos tres falecidos, que serán trasladados á funeraria do Tarabelo. Está prevista a celebración dun funeral o martes á tarde na igrexa de Meirás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade