Trinta pemes presentan os seus logros no mercado exterior grazas ao programa Galicia Avanza
Trinta pemes presentan os seus logros no mercado exterior grazas ao programa Galicia Avanza
Galicia marcou no 2023 un novo récord de exportacións, con 30.000 millóns de euros
Galicia marcou no 2023 un novo récord de exportacións con 30.000 millóns de euros. Para axudar a posicionarse nos mercados estranxeiros, a Xunta e a Tecnópole abren nos vindeiros días unha nova convocatoria de Galicia Avanza. Hoxe 30 empresas presentaron os logros conseguidos no exterior grazas a este programa.
Son gominolas funcionais, sen azucre e con vitaminas. O vindeiro mes comezarán a elaborarse nunha fábrica propia en Nigrán pero que xa teñen abertos mercados en diferentes países.
O 80 por cento do calzado que deseñan unhas irmás de Pontevedra véndese nos Estados Unidos. Coa aceleradora de internacionalización Galicia Avanza conseguiron afianzarse.
Son dous exemplos de pemes que melloraron resultados e competitividade no mercado exterior con este programa impulsado pola Consellería de Economía e o Parque Tecnolóxico de Galicia.
Este mércores na Tecnópole 30 empresas presentaron os seus logros, nos vindeiros días abre o prazo para que outras pemes inovadoras poidan incorporarse a terceira convocatoria de Galicia Avanza.