Tripla escala de transatlánticos na Coruña
Tripla escala de transatlánticos na Coruña
Calculan que cada visitante deixa arredor de 90 ou 100 euros, polo que o impacto este ano pode chegar aos 30 millóns de euros
Chegaron de mañá cedo e abandonarán o porto da Coruña a partir das 17:00. Nese tempo, os arredor de 15.000 pasaxeiros coñecerán a cidade, farán un tramo do Camiño e visitarán Santiago.
A tripla escala do Arvia, Artania e MSC Virtuosa é a primeira desta semana, pois o xoves outros tres transatlánticos farán escala na Coruña.
Martín Fernández, o Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, di que "cren que este ano chegarán preto de 300.000 visitantes, o que é un dato significativo".
En total seis buques e 25.000 pasaxeiros en tres días. E isto ten unha tradución en cartos.
Fernández di que se calcula que cada visitante deixa arredor de 90 ou 100 euros, polo que o impacto este ano pode chegar aos 30 millóns de euros.
O porto coruñés recibiu en 2022, 136 transatlánticos e este ano está previsto superar ese número, o que o converte na dársena que máis cruceiristas recibe, non só das costas do norte peninsular senón desde os portos da Bretaña francesa ao de Lisboa.