Cargando resultados...
Turismo tranquilo no Fuciño do porco
Turismo tranquilo no Fuciño do porco
O privilexio de visitar o enclave cando aínda non hai aglomeracións
G24.gal
26/06/2022 20:17
Última actualización 26/06/2022 21:09
Esta tarde a temperatura estaba un pouco baixa no Vicedo, algo que agradecían os turistas que se achegaban ata o Fuciño do Porco, moitos deles do sur da península.
Os turistas quedan marabillados pola espectacularidade da paisaxe e abraiados de que estes días estea habendo pouca xente para visitar a zona.
Tamén atopamos galegos entre os visitantes.
Dende a Semana Santa hai un aparcadoiro cunhas cento cincuenta prazas no camiño do Fuciño, unha infraestrutura necesaria para poder acoller o alto número de turistas que visitan a zona durante o verán.
A partir do 1 de xullo será necesario concertar cita para poder visitar o Fuciño do Porco.