Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano de cadea para un veciño de Viveiro por distribuír pornografía infantil

Un ano de cadea para un veciño de Viveiro por distribuír pornografía infantil

O procesado admitiu os feitos e di que enviou por erro unha mensaxe de WhatsApp a un dos seus contactos cun vídeo en que se vía unha menor espida

O receptor do vídeo denunciou os feitos na comisaría

G24.gal 21/03/2025 11:02

Condenado a un ano de prisión un veciño de Viveiro por distribución de pornografía infantil.  A fiscalía pedía catro anos de cadea, pero houbo acordo de conformidade coa defensa. Houbo unha substancial redución de pena a cambio de que o procesado recoñecese os feitos, que se remontan ao 2021.

O acusado enviou, supostamente por erro, un WhatsApp a un dos seus contactos cun vídeo que amosaba unha menor duns doce anos espida. O receptor da mensaxe denunciou os feitos ante a Policía Nacional. 

No vídeo víase unha nena duns 12 anos masturbándose, pero sen que se recoñecese o seu rostro. No rexistro posterior do teléfono do home atopáronse outros tres vídeos tamén de contido pedófilo, con menores espidos mantendo relacións sexuais explícitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade