Un anónimo pinta as fochancas nas vías de Vigo
Un anónimo pinta as fochancas nas vías de Vigo
A pintura alerta e denuncia a presenza de fochancas nos viais de Vigo
Alertar das fochancas ou denunciar a súa presenza en varias vías da cidade de Vigo son as posibles motivacións da persoa que pinta as fochancas nas estradas de Vigo.
Chaman a atención as do nó de Isaac Peral e a da avenida Campoamor que sobe á Universidade.
Unha das vías máis afectadas é a zona alta de Isaac Peral, que comunica o litoral da cidade coa travesía de Vigo, parello á entrada a AP-9 por García Barbón.
Nos casos máis graves as fochancas no viario vigués teñen provocado accidentes de monopatíns ou motos.
Nesta zona os habituais da rúa din que as fochancas e as pinturas levan tempo sen que ninguén o arranxe. Tanto que algunhas pinturas xa foron borradas pola intensa choiva do inverno.
A maioría dos usuarios da vía agradece a sinalización do pintor anónimo.