Un bolso feito en Ribadeo gaña o Antón Fraguas de Artesanía na modalidade contemporánea
Un bolso feito en Ribadeo gaña o Antón Fraguas de Artesanía na modalidade contemporánea
A peza, unha xoia única confeccionada nunhas 50 horas, está inspirada nas primeiras nasas
Un bolso realizado no estudo Raíces Nómadas de Ribadeo resultou gañador do Premio Antón Fraguas de Artesanía, que concede a Deputación da Coruña.
En concreto na modalidade contemporánea, dado o carácter innovador da peza, que está inspirada nunha nasa. A súa autoría corresponde a un creador arxentino asentado nesta vila.
Ezequiel Franchi Gil, artesán: "Paseando polos portos, vimos este artiluxio e empezamos a indagar como estaban feito. Logo reinterpretámolo coa nosa linguaxe, que é da pel".
Coma o bolso premiado, a maioría das pezas que saen deste taller son únicas. A estes produtos personalizados adoitan dedicarlles unhas 50 horas de traballo.
Ezequiel Franchi Gil, artesán: "Unha vez definidos o tamaño, a forma, a cor e todos os detalles, a produción leva entre 40 e 60 horas, e faise mediante as técnicas de macramé, o trenzado crioulo e a marroquinería fina".
Outro bolso da mesma firma, chamado Crioulo, foi finalista hai dous anos nos premios Artesanía de Galicia.