Normalízase a circulación na A-52 despois dun corte de máis de 3 horas por un accidente
Normalízase a circulación na A-52 despois dun corte de máis de 3 horas por un accidente
O vehículo transportaba graxa e restos de animais que quedaron esparexidos pola vía
O tráfico, dirección Benavente, foi desviado pola N-120
O accidente dun camión provocou un corte de circulación na A-52 durante máis de catro horas.
O sinistro produciuse ás 11.30 á altura da Cañiza cando o camión perdeu a súa carga ao longo dun quilómetro.
Segundo informou a Garda Civil, o paso polo quilómetro 277 da Autovía das Rías Baixas quedou aberto ás 15,50 horas unha vez se limparon os restos que caeran sobre o pavimento.
"Si. Foi moi laborioso. Traballamos con dous camións e os compañeiros de Fomento que trouxeron un quitaneves e foi bastante laborioso e coa autovía cortada", comenta Juan Diego González, bombeiro de Ponteareas,
Ata aquí achegáronse os bombeiros de Ponteareas e varios equipos de conservación da estrada que proporcionou unha máquina quitaneves para poder limpar a calzada con maior rapidez.
A Garda Civil cortou o tráfico, antes do túnel da Cañiza, e a circulación tivo que desviarse pola Nacional 120 en dirección Ourense. A perda da carga, un tipo de fertilizante natural, debeuse a un desnivel na calzada.
"Hai un pequeno desnivel na calzada que polo visto foi o que provocou e rachou o sistema de peche da carga. Era casca de limón, un produto polo que nos comentaron, que é un tipo de abono fertilizante para o campo, di o mesmo bombeiro.
O camión dirixíase cara a Lalín. Pouco antes das cinco da tarde o tráfico quedou restablecido.