Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión tirou catro postes de telefonía en Láncara ao arrastrar un cable solto

Un camión tirou catro postes de telefonía en Láncara ao arrastrar un cable solto

O último caeu nunha horta á beira dunha casa, a 200 metros de distancia da pista

Os veciños levaban meses advertindo do perigo a compañía telefónica e as autoridades

Félix Aragunde 15/06/2023 13:54

Ata catro postes de telefonía permanecen tirados en Bande, no concello de Láncara. O primeiro deles levaba tempo inclinado e acabou de caer de todo debido ás treboadas. Os outros tres foron arrincados, un tras outro, cando un camión arrastrou un cable que quedara solto.

O último dos postes caeu sobre a horta dunha casa, a 200 metros de distancia. Na mesma vivenda, o cable provocou danos no lousado do pendello, onde agora entra a auga.

Os afectados sinalan que botaron meses advertindo a compañía telefónica e mais as autoridades do perigo que supoñía o poste que estaba medio caído. Así e todo, aseguran que ninguén acudiu para solucionar un problema que agora non fixo máis que empeorar.

Segundo os veciños desta parroquia lancará, a liña de telefonía afectada levaba anos sen mantemento de ningún tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade