Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un chantadés inventa unha trampa contra a velutina que non mata outros insectos

Un chantadés inventa unha trampa contra a velutina que non mata outros insectos

Con este trebello selectivo os outros bechos polinizadores poden saír da gaiola sen dano

G24.gal 09/04/2022 13:01

É veterinario de profesión, pero a viticultura e a apicultura son dúas das súas paixóns.
Por iso, o problema da vespa asiática, unha das grandes ameazas que teñen as abellas, levouno a tratar de buscar unha solución diferente á das trampas indiscriminadas.

O seu enxeño levouno a crear e patentar este prototipo de trampa na que só queda atrapada a velutina.

Enrique precisa agora dunha implicación administrativa ou dalgún grupo de investigación para mellorar e matizar o modelo que creou e que demostra ser efectivo para axudar a acabar coa vespa asiática sen que perezan outros insectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade