Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un ciclista no Vicedo tras ser apropelado por un coche

Morre un ciclista no Vicedo tras ser apropelado por un coche

O sinsitro produciuse cando o turismo se estaba incorporando á circulación desde un aparcadoiro

G24.gal 07/09/2023 15:40

Un veciño do Vicedo faleceu ao chocar cun coche que estaba a se incorporar á circulación desde un aparcadoiro. Ao parecer, o home foi atropelado no medio da vila, á altura do número 90 da Avenida dá Mariña, na LU-862.  

Como consecuencia do impacto, o ciclista faleceu. O sinistro tivo lugar pouco antes das 14.30 horas. Unha vez dado o aviso mobilizáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Viveiro e os Voluntarios de Protección Civil.

A Garda Civil de Tráfico, xunto a axentes do Vicedo, un par de equipos sanitarios de Urxencias Médicas do 061 e Protección Civil.

Os saitarios que atenderons estaban na mesma vila e chegaron ao instante, pero debido as dificultades para respirar do ciclista, non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Tráfico deberá esclarecer as causas deste tráxico accidente, en que o home, de 66 anos e que levaba casco cando aconteceu o accidente, bateu cun dos espellos retrovisores do coche e saíu despedido, quedando sobre a estrada.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade