Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche acaba esnafrado nun comercio en Vigo

Un coche acaba esnafrado nun comercio en Vigo

Parece que o vehículo quedou aparcado sen freo de man

G24.gal 06/10/2023 16:24 Última actualización 06/10/2023 16:30

Un aparatoso accidente provocou a alarma no centro de Vigo. Segundo testemuñas presenciais, o coche estaba aparcado na beirarrúa de enfronte sen o freo de man.

Nun determinado momento o vehículo atravesou toda a rúa e chegou ata o comercio, bateu contra a cristaleira, rebentouna e acabou encaixado literalmente no establecemento.

Afortunadamente non se rexistraron feridos porque nese instante non pasaba ninguén por diante do local. Foi unha sorte, xa que esa zona do centro de Vigo é moi concorrida, sobre todo polas mañás.  Policía Local investiga este suceso, que quedou nun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade