Un coche esnáfrase contra unha casa en Gomesende
Un coche esnáfrase contra unha casa en Gomesende
A condutora, que non levaba posto o cinto de seguridade, foi trasladada ao hospital con feridas leves
A parella que vive na casa espera que un perito avalíe o estado en que quedou tras o accidente
Vaia susto levou a parella que vive nesta casa dos Chaos, en Gomesende. Eran preto das sete e media da mañá cando escoitaron un forte estrondo, saíron e atoparon un coche metido na súa vivenda. Axiña chamaron os servizos de emerxencia e uns veciños. Foron os primeiros en auxiliar a condutora.
Foron eles, os bombeiros de Celanova, os que rescataron a muller de 60 anos que quedou atrapada no coche tras caerlle enriba grandes pedras.
A Garda Civil de Tráfico collía pegadas para saber as causas do accidente. A condutora dirixíase ao traballo pola OU-531 dirección Celanova, sospeitan que puido despistarse ou quedar durmida ao volante, saíu da vía e foi directa contra a casa.
A muller foi trasladada ao hospital con feridas leves. Os inquilinos, que empregaban esta parte vella da casa de rocho e lavandería, teñen a casa arrendada e agardan que un perito lles confirme que a parte restaurada na que viven non corre perigo.