Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche impacta contra unha terraza ateigada de xente en Miño sen causar feridos graves

Un coche impacta contra unha terraza ateigada de xente en Miño sen causar feridos graves

Por causas que se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra o panel de cristal da terraza

G24.gal 09/08/2024 15:04

Un coche impactou de cheo contra a terraza dun bar de Miño este mediodía. Por sorte, non houbo feridos graves.

Por causas que se descoñecen, o vehículo esnafrouse contra o panel de cristal que separa as mesas da terraza da vía de circulación.

Dúas persoas teñen algunhas rabuñaduras e foron trasladadas a un centro sanitario para seren atendidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade