Leva case un ano prostrado na cama á espera de que lle dean a grande invalidez
Leva case un ano prostrado na cama á espera de que lle dean a grande invalidez
Diego Rey leva 10 meses esperando resposta á súa solicitude de dependencia total
Padece esclerose múltiple e sen axuda non pode adaptar a vivenda ás súas necesidades
Diego Rey é un veciño de Santiago de 47 anos que padece esclerose múltiple. Leva meses prostrado nunha cama porque está ao coidado da súa parella e soa non é quen de movelo.
Precisan adaptar a casa á súa situación, pero non poden afrontar as obras sen as axudas ás que poderían acceder se lle conceden a dependencia total. Solicitárona hai 10 meses pero aínda non recibiron resposta.
Diego Rey conta con resignación que no seu día a día e o seu único contacto co exterior é a través da fiestra do seu cuarto observando a xente que pasa pola rúa.
Casa sen adaptar
Hai dous anos que lle diagnosticaron esclerose múltiple. Perdeu case toda a mobilidade ata que quedou prostrado na cama. A súa muller Ester encárgase do seu coidado, pero a casa non está adaptada e ela soa non pode movelo.
Precisan reformar a casa, pero non poden afrontalo economicamente se non lles conceden a grande invalidez, e a solicitude leva varada 10 meses.
Mentres a petición continúa no limbo da burocracia, o tempo corre en contra de Diego porque a enfermidade avanza e non entende de prazos.