Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un concurso fotográfico para promover o pasado xudeu de Monforte

Un concurso fotográfico para promover o pasado xudeu de Monforte

Os turistas toman fotos nunha porta virtual que simboliza o regreso

A cidade do Cabe quere atraer turistas á súa xudería

G24.gal 12/09/2023 20:20 Última actualización 12/09/2023 20:34

Logo da expulsión de 1492, as familias xudías levaron con elas as chaves das súas casas confiando poder volver algún día. Agora esta porta virtual quere simbolizar ese regreso. Está colocada na oficina de turismo de Monforte e forma parte dun concurso nas redes sociais que pretende que os turistas coñezan máis a fondo a zona xudía da cidade e a pegada cultural hebrea.

A iniciativa vaise desenvolver ao longo de todo o mes e forma parte do plan de promoción da xudería de Monforte, que conta tamén con visitas guiadas. A presidencia da rede de xuderías de España está a dar un novo pulo o pasado xudeu da cidade do Cabe e os turistas amosan cada vez máis interese.

O concepto de memoria é a base destes proxectos de promoción da pegada xudía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade