Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un condutor circulaba a 193 Km/h e sen o permiso en vigor polo túnel do Sartego en Fene

Un condutor circulaba a 193 Km/h e sen o permiso en vigor polo túnel do Sartego en Fene

A Garda Civil investiga o condutor, con todos os puntos do carné esgotados, por dous supostos delitos contra a seguridade viaria

Túnel do Sartego en Fene na AP-9 /Arquivo Túnel do Sartego en Fene na AP-9 /Arquivo
G24.gal 25/03/2023 11:42

Axentes da Garda Civil de Tráfico cazaron un condutor na AP-9 no interior do túnel do Sartego en Fene cando circulaba a 193 quilómetros por hora nun treito limitado a 90 e precisamente nunha zona controlada por un radar de tramo.

Superaba en máis de 80 quilómetros por hora a velocidade regulamentaria. Ademais, o condutor non tiña en vigor o permiso de conducir por ter esgotado todos os puntos.

Agora enfróntase a unha pena de tres a seis meses de prisión, a unha multa ou a traballos en beneficio da comunidade  Ademais da prohibición de conducir vehículos a motor e ciclomotores durante un ou catro anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade