Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un condutor estraga as alfombras florais do Corpus de Gondomar

Un condutor estraga as alfombras florais do Corpus de Gondomar

As alfombras florais arrasadas por un turismo en Gondomar
G24.gal 11/06/2023 18:22

Os feitos sucederon contra as 06:00 horas da mañá deste domingo, cando as alfombras estaban xa completamente rematadas nas rúas da vila.

Os traballadores doutra rúa próxima foron os que se aproximaron ata o lugar polo ruído na zona e comprobaron as consecuencias do paso do vehículo polas alfombras.

O vehículo levou por diante a pantalla protectora colocada polo concello e derramou todo o traballo realizado polo centro cultural de Mañufe e a da comparsa "O mellor de cada casa", situadas na céntrica rúa Eduardo Iglesias de Gondomar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos