Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un condutor que cuadriplica a taxa de alcolemia esnáfrase contra a terraza dun bar de Lugo

Un condutor que cuadriplica a taxa de alcolemia esnáfrase contra a terraza dun bar de Lugo

Ao ser noite e non haber clientes sentados no establecemento, só se produciron danos materiais

G24.gal 22/01/2024 13:54

Circulaba pola rúa da Milagrosa, en Lugo, perdeu o control do vehículo e acabou esnafrándose contra a terraza dun bar. Cando chegou a Policía Local, os axentes comprobaron que o condutor presentaba síntomas de embriaguez, e de feito na proba de alcoholemia deu unha taxa de 0,91 miligramos, case catro veces máis do máximo permitido.

Por fortuna, só houbo danos materiais. Era de noite, non había clientes sentados e os veciños apenas se decataron. 

A Policía Local inmobilizou o vehículo e imputoulle ao condutor un delito contra a seguridade viaria.

Por se fose pouco, o home colleu a folla de denuncia e tirouna ao chan, polo que tamén foi denunciado por infrinxir a ordenanza de protección medioambiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade