Un control rutineiro da Policía de Lugo acaba cun condutor acusado de tres delitos
Un control rutineiro da Policía de Lugo acaba cun condutor acusado de tres delitos
Fuxiu, tentou atropelar os axentes en dúas ocasións e negouse a realizar a proba de alcolemia
En Lugo, un control rutineiro da Policía Local, levado a cabo de madrugada, acabou cun condutor acusado de tres delitos. Cando lle deron o alto nesta rúa da cidade, no canto de parar, acelerou. Os axentes tiveron que apartase, pero pasou tan preto dun deles que mesmo impactou contra a lanterna que portaba.
Fuxiu e, tras unha persecución, déronlle o alto noutra rúa da cidade. O home negábase a baixar do vehículo e volveu acelerar bruscamente desprazando un axente. Finalmente foi reducido e inmobilizado. Presentaba signos de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas.
Instruíron dilixencias contra el por un delito de condución temerario, outro por negarse a realizar a proba de alcoholemia e un terceiro delito de atentado aos axentes da autoridade e resistencia grave.