Un corte nos cables de fibra óptica deixa 5.000 veciños sen Internet en Barro e Meis
Un corte nos cables de fibra óptica deixa 5.000 veciños sen Internet en Barro e Meis
A incidencia comezou o domingo e foi froito dunha acción intencionada na central de Curro
Arredor de 5.000 persoas dos concellos de Barro e de Meis seguen sen servizo telefónico e de Internet dende o pasado domingo. O apagamento foi provocado por alguén que decidiu cortar os cables de fibra óptica da central da parroquia de Curro que dá servizo aos dous concellos.
Nin sequera foi por roubar o cobre, xa que estes cables practicamente non teñen. Dende o Concello de Barro agardan que a avaría quede solucionada o longo desta maña
Telefónica fala dunha avaría grave. O Concello conseguiu que a súa liña interna, a do colexio e outras prioritarias funcionasen, pero a xeral leva máis tempo reparala. Hai preocupación, xa que moitos veciños non utilizan móbil e poden necesitar chamar de urxencia por calquera motivo.
Descartado o móbil do roubo de cobre, ninguén na zona entende que alguén poida simplemente cortar o cable de telefonía de todos sen outro motivo aparente.