Cargando resultados...
Un de cada catro delitos que se cometen en Galicia son estafas informáticas
Os ciberdelitos son unha ameaza cada vez máis frecuente
En Galicia o último ano creceron en máis dun 50 por cento
G24.gal
21/06/2023 14:15
Os datos persoais son o obxectivo máis prezado dos ciberdelicuentes.
Milleiros de ataques na Rede poñen en risco cada día cidadáns, empresas e sectores estratéxicos. Moitos deles prodúcense por erros humanos, por iso os expertos fan fincapé na concienciación e na sensibilización para evitar caer na trampa.
Galicia acolle por primeira vez o encontro máis importante a nivel nacional sobre investigación e innovación para avanzar nas ferramentas de ciberseguridade.
En España os ciberdelitos creceron o ano pasado nun 9 por cento, e en máis do 70 por cento desde que comezou a pandemia.