Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un de cada cinco autónomos sofre unha suba de 250 euros na hipoteca dos seus locais

Un de cada cinco autónomos sofre unha suba de 250 euros na hipoteca dos seus locais

As asociacións de autónomos reclaman medidas para garantir o mantemento do tecido produtivo

G24.gal 01/09/2023 14:26

Ninibeth ultima os detalles para abrir o seu novo negocio en poucos días. Recoñece que como autónoma ten que cadrar moitas contas para compensar os gastos aos que hai que facerlles fronte mes tras mes.

"Os gastos pesan moito pero iso non pode facernos mirar atrás".

E é que os gastos de hipotecas e alugueiros asfixian os pequenos empresarios. Un estudo da Unión de Traballadores Autónomos e Emprendedores estima que as hipotecas encareceron de media nuns 3.600 euros anuais. Pero tamén subiron os alugueiros dos locais.

"O Goberno deixounos fóra do limite do 2 % na suba dos alugueiros. Temos subas do 8, do 10 e do 12 % en moitos casos que están afogando aos autónomos".

E din que as previsións con vistas aos próximos meses non son positivas. Por iso reclaman medidas que lles axuden a manter as pequenas empresas que son a base do tecido produtivo.

"As axudas ao combustible para os autónomos axudaría. Pero tamén as medidas fiscais".

As asociacións de autónomos estiman que no últimos anos se perderon en España arredor de 20.000 traballadores tan só no sector do comercio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade