Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un décimo de lotería selado en Meira obtén o primeiro premio do sorteo do Día da Nai

Un décimo de lotería selado en Meira obtén o primeiro premio do sorteo do Día da Nai

O boleto, despachado a través da máquina, foi premiado con 130.000 euros

Félix Aragunde 08/05/2023 13:47

Un décimo do número 46.689, selado en Meira, gañou o primeiro premio do sorteo extraordinario do Día da Nai da Lotería Nacional. Á persoa agraciada, a quen lle despacharon o boleto a través da máquina, correspóndenlle 130.000 euros.

"Cando che din que é un primeiro premio, supón unha alegría enorme. Confirmámolo polo móbil e hoxe confirmóunolo a delegación coa cartelería que xa temos aquí: 130.000 euros", di Senén Laurel, loteiro.

"Este tipo de décimos fanse a través de máquina. A maioría dos clientes queren o que dea posto que confían na sorte, que ao final é do que se trata, aínda que tamén poden elixir número. Non sabemos se foi elixido ou se foi ao azar", explica Isabel Corbelle, loteira.

Polo momento, nada se sabe sobre a identidade da persoa gañadora do premio. Iso si, tanto os loteiros coma os veciños de Meira agardan que se trate de alguén da zona.

"Iso é o bonito, e ben se ve que os clientes son habituais, de todos os días, entre os que hai moito xogador de Lotería Nacional. Co cal, a probabilidade de que quedara na zona é moi alta", asegura Isabel.

O ano pasado, a mesma librería meirega repartira preto de medio millón en premios. Fora o caso dun boleto da Bonoloto premiado con 180.000 euros.

A mesma librería repartiu en 2022 preto de 500.000 euros en premios A mesma librería repartiu en 2022 preto de 500.000 euros en premios
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade