Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un detido e un investigado polo roubo de xoias nunha capela das Pontes

Un detido e un investigado polo roubo de xoias nunha capela das Pontes

O ladrón e o seu cómplice son considerados presuntos autores dun delito de furto

G24.gal 11/08/2023 09:36

A Garda Civil detivo un veciño de Lugo e investigou a outro como supostos autores dun delito de furto na capela do Carmen nas Pontes de García Rodríguez.

A Garda Civil explica que a investigación, mediante a que se identificou aos dous individuos, iniciouse polo roubo, durante as festas patronais, de diversas pezas de xoiería que portaban imaxes da capela, co fin de protexer o patrimonio histórico.

O detido, que foi o autor do roubo, e o investigado, quen se encargou de labores de vixilancia durante os feitos, son considerados presuntos autores dun delito de furto.

A Garda Civil localizou as xoias subtraídas, que foron entregadas ao párroco encargado do servizo relixioso da capela do Carme. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade