Un acusado polo crime de Toques ameazou á cuñada por, segundo el, contarlle a verdade á policía
Un acusado polo crime de Toques ameazou á cuñada por, segundo el, contarlle a verdade á policía
Os tres acusados declararán este mércores
Nesta nova xornada do xuízo polo crime de Toques escoitáronse na sala minutos e minutos da gravación dos micrófonos que a Policía Xudicial instalou na casa onde viven os dous irmáns acusados de matar un veciño seu e queimar o seu cadáver, e a muller dun deles.
Unha gravación que dá conta das ameazas que sufriu a cuñada dun dos procesados no interior da vivenda. Amais de insultala e dicirlle que non valía para nada, dille que habería que matala por falar e contalo todo. Que xa lle advertiran o día anterior que non dixese a verdade e que calase a boca.
Cúlpaa tamén de complicarlle a vida ao seu curmán, que se enfronta a seis anos de cadea por varios delitos, un deles de encubrimento. Afirma que o vai meter na cadea sendo inocente.
A muller nesas gravacións asegura, unha e outra vez, que non lle contou nada á policía, que os axentes nin sequera lle fixeran preguntas vencelladas ao suceso.
O xuízo continuará este mércores coas declaracións dos tres acusados, que xa dixeron ser inocentes ao comezo da proba documental.