Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dono dos cans que mataron unha muller en Zamora podería ser acusado de homicidio imprudente

O dono dos cans que mataron unha muller en Zamora podería ser acusado de homicidio imprudente

Un dos animais non ten o microchip identificador obrigatorio

G24.gal 25/10/2023 14:35

A Garda Civil trata de aclarar por que un dos cinco cans de pastoreo involucrados na morte dunha moza de 27 anos no concello zamorano de Roales de Pan non tiña a identificación en regra. A vítima sufriu o ataque mentres paseaba polo campo.

O dono dos cans negouse a declarar e agora está á espera de que o xuíz lle asigne unha nova data para facelo. Enfróntase a un posible delito de homicidio imprudente.

O Concello de Roales decretou tres días de loito oficial. Mentres, a investigación continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade