Cargando resultados...
Un dos cruceiros de vela máis grandes do mundo fai escala na Coruña
Un dos cruceiros de vela máis grandes do mundo fai escala na Coruña
O Sea Cloud Spirit, con 28 velas e 125 metros de eslora e medio cento de pasaxeiros
G24.gal
04/09/2022 15:29
Última actualización 04/09/2022 16:08
Aínda están a tempo de ver atracado no porto de transatlánticos da Coruña o segundo cruceiro de vela máis grande do mundo.
O Sea Cloud Spirit, que chegaba á cidade onte á tarde, máis de 14 horas antes do previsto. Un cruceiro de luxo con 28 velas e 125 metros de eslora. Leva algo máis de medio cento de pasaxeiros a bordo. Esta tarde partirá rumbo ao porto de Vigo.