Un membro da ETA que matou un policía natural de Baleira vai nas listas de Bildu ao Concello de Irún
Un membro da ETA que matou un policía natural de Baleira vai nas listas de Bildu ao Concello de Irún
Un membro da ETA que matou un policía natural de Baleira vai nas listas de Bildu ao Concello de Irún
Juan Ramón Rojo fora condenado pola Audiencia Nacional a 27 anos de prisión polo asasinato de José Anseán
Nas listas de Bildu ao concello de Irún vai un exetarra. Juan Ramón Rojo González asasinou no ano 92 o policía José Anseán, natural de Baleira. Matárono a tiros cando camiñaba coa súa muller pola rúa. O seu fillo, a tratamento psicolóxico dende entón, acabaría suicidándose anos despois. Unha traxedia que aínda lembran os veciños da vila lucense.
En Baleira repousan os restos mortais de José Anseán Castro, acribillado a tiros pola ETA o 14 de xaneiro do ano 92. Un dos seus asasinos, Juan Ramón Rojo González, concorre nas listas de Bildu á alcaldía de Irún.
Os etarras Juan Ramón Rojo e Juan Carlos Iglesias Chouzas, alias Gadafi, roubaron un taxi e abordaron a vítima cando camiñaba pola rúa en Basauri na compaña da súa muller, matándoo a tiros.
José Anseán tiña 38 anos. Levaba 12 anos destinado no País Vasco. Estaba casado e tiña un fillo de 14 anos que nunca superou a traxedia e quitouse a vida anos despois. Está enterrado no mesmo cemiterio xunto a seu pai.
"Nunha vila tan pequena coma esta, aquilo conmocionou todos os veciños".
Juan Ramón Rojo fora condenado pola Audiencia Nacional a 27 anos de prisión polo asasinato de José Anseán.