Un edificio ocupado na zona vella de Ourense trae de cabeza os veciños
Un edificio ocupado na zona vella de Ourense trae de cabeza os veciños
Denuncian que é un punto de venda de droga e que está cheo de lixo
Un edificio ocupado na zona vella de Ourense trae de cabeza os veciños. Din que é un punto de venda de droga e que se senten inseguros.
O inmoble está ruinoso e é ademais un foco de lixo e insalubridade.
Antonio é unha das tres persoas, mínimo, que viven habitualmente de xeito ilegal neste edificio da zona vella de Ourense. El mesmo recoñece que xunto cun curmá ocupou o inmoble hai seis meses.
Os veciños da rúa Luna denuncian que é un punto de venda de droga. Séntense inseguros, e sufrindo un foco de lixo e insalubridade. Cústalles tamén conciliar moitas noites polo barullo.
Os ocupantes entraron esta casa en que sobreviven sen luz nin auga despois de que os botaran doutra na mesma rúa.
Os veciños afectados xa recolleron preto de medio cento de sinaturas para pediren unha solución.