Un equipo itinerante de embotellado reduce o tempo dedicado a esta tarefa
Un equipo itinerante de embotellado reduce o tempo dedicado a esta tarefa
Dous camións procedentes de Portugal convértense nunha planta que inclúe todo o proceso
Un adegueiro da Ribeira Sacra recorre a este servizo para envasar 80.000 botellas en catro días
Desde primeira hora a actividade neste camión é incesante. Aquí, no seu interior, lévase a cabo todo o proceso necesario para o embotellado do viño. O espazo non é amplo, pero todo está deseñado para que a tarefa se faga con rapidez e con todas as garantías.
Unha ducia de operarios traballan para que o proceso non se deteña. Os camións proceden de Portugal, son dunha empresa especializada que se ocupa de filtrar a auga, lavar a botella, enchela e tamén lle pon a cápsula e as etiquetas, un proceso que de facelo na adega suporía traballo para todo o mes. O resultado de utilizar este sistema de embotellado reverte directamente no viño.
A intención é alcanzar as 80.000 botellas listas para a súa comercialización en catro días de traballo.