Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un fenómeno inusual levanta parte do tellado de dúas vivendas en Cea

Un fenómeno inusual levanta parte do tellado de dúas vivendas en Cea

Un vento frío, descendendo a grande velocidade por unha ladeira, foi o causante dos danos

Un dos tellados afectados, que xa foi reparado
G24.gal 02/03/2023 12:05

Un fenómeno atmosférico pouco habitual que se coñece co nome de vento catabático causou alarma en Cea este mércores. O que pasou foi que se xuntou un vento moi frío descendendo pola ladeira que hai detrás de San Cristovo de Cea.

Afectou o núcleo de Paramios, onde dúas vivendas sufriron as consecuencias deste fenómeno que tivo unha duración curta, pero moi intensa. Levantou parte do tellado de dúas casas e os propietarios contan que nun primeiro momento o que sentiron foi un ruído moi forte.

Afortunadamente só hai que lamentar pequenos danos materiais que xa están arranxados e o susto que pasaron.

O fenómeno produciuse arredor do mediodía. Só afectou dúas vivendas situadas unha en fronte da outra no lugar de Paramios. Os propietarios pensaron nun primeiro momento nun accidente.

Carlos Rodríguez, o propietario dunha das vivendas afectadas, asegura que levaron un bo susto, pero tamén os seus cans, que saltaron o valado da vivenda e logo non querían volver.

Por sorte, os danos só foron materiais. Os dous veciños afectados xa repararon os tellados ao longo da xornada de onte por temor a chuvia e á xeada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade