Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ferido grave ao chocar o seu coche contra unha casa en Vilalba

Un ferido grave ao chocar o seu coche contra unha casa en Vilalba

Foron os veciños os que avisaron a emerxencias

Imaxes cedidas por El Progreso
G24.gal 19/08/2024 15:45

En Vilalba, un condutor esnafrou o seu vehículo contra o garaxe dunha vivenda. Foron os propios veciños os que avisaron os servizos de emerxencias.

Pasaban uns minutos das oito da tarde deste domingo cando o 112 recibía unha chamada informando dun accidente na estrada LU-861 que une Vilalba con Viveiro.

O comunicante informaba dun vehículo que acababa de esnafrarse contra unha vivenda. No seu interior había un home que permanecía inconsciente.

Os veciños subliñan a perigosidade dunha estrada pola que xa non pasa moito tráfico dende que se construíu a autovía.

Cando se produciu o accidente o portalón estaba aberto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade